Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 29 de xullo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da zona 16 do SU-3, por petición de Darío e Elixio Constructores, S.L, representada por Elixio López.

2. Fixar como sistema o de compensación.

De conformidade co disposto no artigo 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo de vinte días, que comezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de agosto de 1999.

Enrique Novoa López

Alcalde accidental