Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Que o Concello Pleno con data do 28 de abril de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual do PXOU en Fonte da Cruz.

Contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.

Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o considerase oportuno.

Narón, 10 de agosto de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde