Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Unha vez aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín, procede á súa execución; para o efecto o mesmo PXOM establece o seu desenvolvemento mediante, entre outras, a xestión e execución da urbanización da área de reparto-10. Nembargantes, o planeamento non establece o sistema de actuación que se debe seguir na devantida área de reparto, polo que a Comisión de Goberno, actuando coas competencias que lle foron delegadas pola alcaldía mediante decreto do 7-7-1999 (BOP nº 145, do 30 de xullo), acordou inicia-lo procedemento para a súa determinación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 124 a 126 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 152 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado por Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto (BOE do 31-1-1979).

O que se fai público para que os interesados poidan consulta-lo expediente e formula-las alegacións que coiden oportunas durante o prazo de 20 días.

Lalín, 12 de agosto de 1999.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental