Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Por decreto da Alcaldía-Presidencia do once de xuño de mil novecentos noventa e nove, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización do parque da Malata.

O citado proxecto exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG); queda o expediente á disposición de todo aquel que queira examinalo.

O expediente poderase examinar na Xerencia de Urbanismo do Concello, en horario de oficina.

Ferrol, 16 de xuño de 1999.

Mario Villaamil Pérez

Alcalde