Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de contratación por concurso procedemento aberto do proxecto rede de sumidoiros e depuración no Foxo-A Cañoteira. Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: rede de sumidoiros e depuración incluídos no proxecto do enxeñeiro Enríquez Moure, mailas melloras que se poidan ofertar. Prazo de execución: seis meses.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 45.820.755 ptas. Garantía provisoria: 916.415 ptas. Garantía definitiva: 1.832.830 ptas., máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.

Obtención de documentación na Secretaría Xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, teléfono: 986 57 01 65.

Presentación de ofertas, nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da Secretaría Xeral de 9 a 13 horas.

Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre nº 1: presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3: melloras ó proxecto, en realización doutras obras análogas. Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 3 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado