Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 20 de agosto de 1999 Páx. 10.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave OH.532.356.

A) Obra.

1. Sumidoiros e abastecemento en Rubiós. (Riós-Ourense).

Clave: OH.532.356.

Orzamento: trece millóns catrocentas cincuenta e unha mil novecentas vintecinco pesetas (13.451.925 ptas., equivalente a 80.847,698 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: duascentas sesenta e nove mil trinta e nove pesetas (269.039 ptas., equivalente a 1.616,957 euros).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día nove (9) de setembro de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vinte (20) de setembro de 1999.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia