Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 20 de agosto de 1999 Páx. 10.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.227.301 e dúas máis).

A) Obra.

1. Rede xeral de abastecemento de auga segunda fase e reforma-mellora da E.T.A.P. no núcleo de Burela. (Burela-Lugo).

Clave: OH.227.301.

Orzamento: cincuenta e dous millóns cincocentas sesenta e seis mil duascentas noventa e dúas pesetas (52.566.292 ptas., equivalente a 315.929,778 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento ó concello de Ramirás. (Ramirás-Ourense).

Clave: OH.232.354.

Orzamento: setenta e oito millóns de pesetas (78.000.000 de ptas., equivalente a 468.789,441 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento en núcleos do concello de Vilamarín. (Vilamarín-Ourense).

Clave: OH.332.355.

Orzamento: cincuenta e nove millóns novecentas sesenta mil pesetas. (59.960.000 ptas., equivalente a 360.366,858 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do Art. 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artículo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día nove (9) de setembro de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vinte (20) de setembro de 1999.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia