Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 20 de agosto de 1999 Páx. 10.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1999 pola que se anuncia concurso público número 6A/99 polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministracións.

Expediente nº: 1031/1999.

Obxecto: material informático.

Centro e localidade: Rectorado.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 7.600.000 ptas.

Garantía provisional: 152.000 ptas.

Expediente nº: 1032/1999.

Obxecto: material informático.

Centro e localidade: Facultade de Socioloxía.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 3.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 60.000 ptas.

Obras.

Expediente nº: 3017/1999.

Obxecto: reforma da calefacción.

Centro e localidade: E.S. Mariña Civil.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 6.581.491 ptas.

Garantía provisional: 131.630 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: 2 meses.

Expediente nº: 3020/1999.

Obxecto: talleres tecnolóxicos de enxeñería.

Centro e localidade: Campus Ferrol-Esteiro.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 250.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 5.000.000 de ptas.

Clasificación: grupo c, subgrupo 2, categoría e.

Prazo de execución: 9 meses.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número: os indicados en cada expediente.

c) Lugar de entrega/Execución: A Coruña ou Ferrol segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/Execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade da Coruña. Servicio de Xestión Económica.

b) Enderezo: rúa Maestranza, s/n.

c) Localidade e código postal: 15001-A Coruña.

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Universidade da Coruña. Rectorado. Rexistro xeral.

2º Enderezo: rúa Maestranza, s/n.

3º Localidade e código postal: 15001-A Coruña.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa Maestranza, s/n.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 12 de agosto de 1999.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor M. Cabeza Sánchez

Xerente