Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo (provincia de Ourense).

Visto o texto do convenio colectivo do persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo da provincia de Ourense (código convenio número 3200822), con entrada na Delegación Provincial de Ourense o día 14-6-1999, subscrito en representación da parte económica, concello, e da parte social, delegados de persoal, o día 31-5-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenio colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 25 de xuño de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio

do Concello de Viana do Bolo (1999 a 2003)

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Tódalas normas contidas neste convenio aplicaránselle ó persoal laboral, fixo ou temporal ó servicio do Concello de Viana do Bolo.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio colectivo terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do 2003 e prorrogarase automaticamente ata ser substituído por outro novo. Con independencia da súa entrada en vigor, a retroacción dos efectos deste convenio ó 1º de xaneiro será exclusivamente para os efectos retributivos.

Capítulo II

Garantías

Artigo 3º.-Garantías.

As condicións recollidas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente, quedando subordinadas a calquera disposición xeral de rango superior que puidera ter efectos máis favorables para os empregados/as públicos. As melloras deste convenio poderán ser compensadas e absorbidas en cómputo anual con aquelas melloras iguais ou equivalentes que dentro do seu ámbito temporal puidesen establecerse por disposición legal.

Artigo 4º.-Reserva de negociación.

Quedan reservadas para a negociación colectiva todas aquelas materias que directa ou indirectamente afecten ás condicións de traballo do persoal deste concello, particularmente: as retribucións, oferta de emprego, sistemas de selección, promoción e provisión de postos de traballo, xornada laboral, calendario de vacacións, réxime disciplinario, xestión de servicios e métodos de traballo, seguridade e hixiene e dereitos sindicais e de participación.

Artigo 5º.-Comisión de control.

Despois da súa aprobación, no prazo máximo de 30 días constituirase unha comisión de control para seguimento do convenio, composta por 6 membros: 3 en representación do concello e outros 3 representantes legais dos traballadores/as.

A comisión deberá estar presidida por quen designen as partes de mutuo acordo, sendo designado polo mesmo procedemento o secretario. Cada unha das partes pode estar asistida polos seus asesores/as. As partes poderán presentar perante a comisión de control do convenio os diferentes conflictos e irregularidades que poidan xurdir da interpretación e aplicación do convenio, co fin de que a comisión emita o dictame e, consecuentemente, se utilicen as medidas legais que procedan. Esta comisión reunirase por petición de calquera das partes dentro das 48 horas seguintes á súa solicitude.

As súas funcións consistirán na emisión de dictames sobre os seguintes temas:

a) Interpretación dos artigos ou cláusulas deste documento.

b) Vixilancia do cumprimento do convenio.

c) Actualización das normas do convenio e ordenanzas, estudiando a necesidade da súa incorporación e procedéndose en consecuencia.

d) Cadros de persoal e postos de traballo.

e) Cantas outras actividades leven á eficacia práctica do convenio e tódalas recollidas ó longo do corpo del.

As funcións ou actividades desta comisión non impedirán en ningún caso o libre exercicio da xuris

dicción administrativa e contencioso-laboral prevista na lexislación vixente.

A comisión de control elaborará as súas propias normas de funcionamento interno e o seu calendario de reunións. Os acordos tomaranse por unanimidade ou por acordo conxunto de ámbalas dúas partes.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 6º.-A organización do traballo.

A organización práctica do traballo será competencia do alcalde, ó que lle corresponde a iniciativa con suxeición á lexislación vixente. Cando diso se deriven repercusións sobre as condicións de traballo dos empregados/as públicos, procederá a negociación cos representantes dos traballadores/as, de conformidade co disposto neste convenio e na lexislación xeral vixente. O alcalde está facultado para delega-las súas competencias.

Artigo 7º.-Clasificación profesional.

A clasificación profesional ten por obxecto a determinación, ordenación e definición das diferentes categorías ás que poidan ser asignados os empregados/as públicos, así como a atribución dos complementos económicos recollidos neste convenio a esas categorías.

Artigo 8º.-Traballos de superior e/ou inferior categoría.

A realización de traballos de superior e inferior categoría responderá a necesidades excepcionais, imprevisibles e perentorias e durará o mínimo tempo imprescindible.

a) A adscrición dun traballador/a laboral a un posto de superior categoría farao a Alcaldía, logo de informe dos delegados/as de persoal ou sindicais dos traballadores/as. Desde o primeiro día, o operario/a percibirá as retribucións asignadas á categoría á que se adscriba.

O máximo de tempo en que un traballador/a pode estar nesta situación é de tres meses, transcorridos os cales outro traballador/a ocupará o seu lugar.

b) Ningún traballador/a poderá realizar traballos de categorías inferiores, cunha duración superior a 20 días.

c) Os postos cubertos por estes sistemas incluiranse obrigatoriamente na seguinte oferta de emprego.

Artigo 9º.-Segunda actividade.

Na comisión de control negociaranse as medidas de reorganización, os postos de traballo que poden ser considerados aptos para a creación dunha escala auxiliar dentro da relación de postos de traballo. Trala aprobación deste convenio formarase a dita escala auxiliar, definindo as funcións que deban ser realizadas polo persoal que se adscriba a tales postos. A ela tamén se adscribirá o persoal que teña minguadas as súas facultades e fose considerado así

polos servicios médicos competentes. O persoal pasará á escala auxiliar no caso seguinte: por incapacidade para o exercicio da súa función habitual.

Todo o persoal que pase á escala auxiliar conservará o total de retribucións que viña percibindo.

Artigo 10º.-Xubilación por incapacidade manifesta.

Os traballadores/as laborais do Concello de Viana do Bolo contarán co mesmo sistema de xubilación por incapacidade manifesta que o que dispoñan ou poidan dispo-los funcionarios do Concello de Viana do Bolo.

Artigo 11º.-Gravidez.

A empregada pública embarazada terá dereito a que, se o posto de traballo que desenvolve é prexudicial para o seu estado, se lle encomenden funcións de acordo coas súas circunstancias.

Capítulo IV

Oferta de emprego, ingreso, promoción e provisión de postos

Artigo 12º.-Oferta de emprego público.

1. Despois da negociación cos representantes legais dos traballadores/as na mesa de negociación do convenio, o concello aprobará no prazo dun mes desde a aprobación dos orzamentos municipais anuais, a súa oferta de emprego público, que conterá obrigatoriamente tódalas prazas vacantes e que será convocada durante o primeiro trimestre do ano.

A oferta de emprego público reservará:

a) A porcentaxe mínima que a lei prevé para a incorporación dos diminuídos/as ó emprego público.

b) A porcentaxe mínima que a lei prevexa para mobilidade de traballadores/as doutras administracións locais de Galicia que a título de reciprocidade, teñan recoñecido tal dereito.

c) A porcentaxe máxima legal para promoción interna.

2. A oferta de emprego público será negociada cos representantes legais dos traballadores/as, na mesa de negociación do convenio e proposta pola comisión de control do convenio. Os procedementos de selección, contratación, promoción e provisión realizaranse tal e como se dispón nas bases contidas neste convenio.

3. O ingreso no Concello de Viana do Bolo realizarase consonte o disposto no artigo 14º.

Artigo 13º.-Promoción interna.

Nas convocatorias de acceso reservarase a porcentaxe máxima legal das vacantes ofertadas para cubrir pola quenda de promoción interna.

As vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á quenda de acceso libre.

Nestes casos, non se esixirán os coñecementos previamente acreditados en probas anteriores de ingreso ou outras posibles promocións internas.

Os delegados/as de persoal ou sindicais dos traballadores/as negociarán as prazas vacantes convocadas por promoción interna de igual maneira á sinalada no artigo 12º.

O sistema para a promoción interna será o concurso ou concurso-oposición e as bases serán elaboradas pola comisión de control nos 2 primeiros meses de vixencia do convenio.

Artigo 14º.-Provisión de postos.

O sistema de provisión de postos de traballo realizarase consonte as seguintes disposicións:

Bases reguladoras do réxime de contratacións no Concello de Viana do Bolo.

1. Obxecto:

É obxecto destas bases regula-lo réxime de tódalas contratacións laborais no Concello de Viana do Bolo, a partir da entrada en vigor do convenio colectivo.

De conformidade co principio de estabilidade no emprego, os contratos de traballo subscritos polo Concello de Viana do Bolo entenderanse pactados por tempo indefinido, con carácter de fixo de cadro, agás as excepcións legalmente establecidas.

O Concello de Viana do Bolo, con carácter previo, solicitará informe dos delegados de persoal ou comité de empresa respectivo, cando se acorde a amortización de prazas vacantes. Tal informe deberá se emitido no prazo de 15 días, entendéndose positivo no caso de non ser remitido no dito prazo.

O rexistro de persoal do concello facilitaralles, mensualmente, ás organizacións sindicais máis representativas, comité de empresa ou delegados de persoal, razón das altas e baixas que houber durante o período.

2. Relación de postos de traballo:

Son postos de traballo reservados para o persoal laboral os que así se determinen nas correspondentes relacións de postos de traballo. Os postos de traballo que á entrada en vigor deste convenio estean cubertos por traballadores con contrato indefinido teñen carácter de fixos de cadro ó estaren provistos polo sistema regulamentario.

Cando nun servicio do concello existan traballadores a tempo parcial e se precise a contratación de novos traballadores/as baixo esta modalidade, para o mesmo servicio, durante 4 meses ó ano; converteranse, automaticamente, os xa existentes a tempo parcial en traballadores/as a xornada completa, antes de proceder a esas contratacións. Estes novos postos de traballo incluiranse obrigatoriamente na relación de postos de traballo, sen necesidade de negociación, por proposta da comisión de control.

3. Provisión de vacantes:

Os postos de traballo que, segundo a correspondente relación de postos de traballo, deban ser

desenvolvidos por persoal laboral proveranse polos procedementos regulados neste artigo.

A) Provisión definitiva:

O acceso ás distintas categorías de persoal laboral fixo do Concello de Viana do Bolo realizarase, logo de convocatoria pública (publicada polo menos en tres medios de comunicación de ámbito provincial e ademais no BOP e DOG) realizada para o efecto por medio de concurso-oposición.

O concurso-oposición consistirá na superación das probas correspondentes, así como na posesión previa, debidamente valorada, de determinadas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia. En todo caso será necesario, para supera-lo proceso selectivo, supera-la fase de oposición.

O órgano competente para convocar probas de acceso será a Presidencia do concello.

A.1) Convocatorias:

Será competente para realizar convocatorias de acceso á condición de persoal laboral fixo do Concello de Viana do Bolo o alcalde-presidente do concello ou persoa na que delegue.

Nas convocatorias incluiranse, en todo caso, os seguintes puntos:

* Número de vacantes ofertadas por categorías e requisitos que, para participar no proceso selectivo correspondente a cada categoría, deben reuni-los aspirantes.

* Número de vacantes que, do total ofertado, se reservan para a quenda de promoción interna.

* Sistema de selección, forma de desenvolvemento das probas e valoración destas.

* Baremo de méritos aplicable.

* Composición do tribunal.

* Prazo para a presentación de instancias (mínimo un mes).

A.2) Tribunais de selección:

Os tribunais de selección estarán formados por:

* Presidente do concello ou concelleiro no que delegue.

* Tres concelleiros (2 do grupo de goberno e 1 da oposición).

* Dous representantes do comité de empresa ou delegados de persoal.

* O secretario do concello ou funcionario/a no que delegue, con voz e sen voto, así como un asesor sindical da central que teña a representación no concello, con voz e sen voto.

B) Provisión temporal:

Os postos de traballo vacantes que temporalmente sexan precisos, ata a súa provisión definitiva ou por duración determinada (obra ou servicio e eventuais

por circunstancias da producción), poderán cubrirse por medio de contratacións laborais temporais. Para iso seguirase este procedemento:

Cada 3 anos abrirase un proceso de elaboración (por servicios) de bolsas de aspirantes a ser contratados polo Concello de Viana do Bolo, que serán ordenadas prelativamente, de acordo cos méritos de cada quen.

Chamarase, segundo a categoría de que se trate, o primeiro aspirante das bolsas elaboradas por servicios, e así sucesivamente os seguintes, cando vaia sendo preciso cubrir temporalmente postos de traballo, mentres non se cubran con carácter definitivo.

O anuncio de apertura de bolsas trienal terá que ser publicado no DOG, BOP e en tres medios de comunicación de ámbito provincial.

O contrato temporal de utilización normal será o de interinidade e o traballador manterase na praza mentres esta non sexa cuberta con carácter definitivo ou se reincorpore o operario substituído.

De ser preciso e con carácter excepcional, utilizarase a modalidade de obra ou servicio determinado ou eventual por circunstancias da producción, por tratarse dunha obra precisa e con substantividade propia dentro da actividade normal do concello; da eventual contratación ó abeiro dese tipo contractual deberá ser informado o comité de empresa que deberá emitir informe previo.

O aspirante contratado manterá o dereito ó posto que ocupe na bolsa mentres non acumule doce meses de traballo. A partir de aí, se se pon fin á relación contractual pasará á fin da bolsa.

Quen renuncie a un contrato, unha vez seleccionado para formalizalo ou unha vez formalizado, pasará á fin da bolsa.

Unha vez elaboradas as bolsas por servicios, serán publicadas no DOG, BOP e en tres medios de comunicación de ámbito provincial e expostas nos taboleiros de anuncios do concello. Como máximo elaboraranse oito bolsas (obras, conductores, limpeza viaria, limpeza de edificios, conserxes, incendios, administración e outras).

B.1) Tribunais de selección:

Os tribunais de selección estarán formados por:

* Presidente do concello ou concelleiro no que delegue.

* Tres concelleiros (2 do grupo de goberno e 1 da oposición).

* Dous representantes do comité de empresa ou delegados de persoal.

* O secretario do concello ou funcionario/a no que delegue, con voz e sen voto, así como un asesor sindical da central que teña a representación no concello, con voz e sen voto.

4. Baremo de méritos:

Será elaborado pola comisión de control nos 2 primeiros meses de vixencia deste convenio, aprobado pola comisión negociadora do convenio e engadido ó seu texto por medio da súa publicación no BOP e DOG e, xa que logo sendo parte integrante del.

5. Probas de selección para provisión definitiva e temporal:

Serán definidas pola comisión de control nos 2 primeiros meses de vixencia deste convenio, aprobadas pola comisión negociadora do convenio e engadidas ó texto del por medio da súa publicación no BOP e DOG e, xa que logo sendo parte integrante del.

6. Instancias e prazos de presentación:

Serán elaboradas e determinados pola comisión de control nos 2 primeiros meses de vixencia deste convenio, aprobado pola comisión negociadora do convenio e engadidos ó seu texto por medio da súa publicación no BOP e DOG e, xa que logo, sendo parte integrante del. En calquera caso, o prazo mínimo para presentación de instancias será dun mes.

7. Normativa supletoria:

No caso de non existir acordo para a aprobación, na comisión negociadora do convenio, do establecido nos puntos 14.4, 14.5 e 14.6, operarán supletoriamente as normas contidas no III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como para o non previsto nestas bases.

Capítulo V

Vacacións, permisos, licencias e excedencias

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas terán unha duración de 30 días naturais e desfrutaranse preferentemente nos meses de xullo, agosto e setembro.

Se por necesidade do servicio o traballador/a non puidese desfruta-las súas vacacións nos meses sinalados (logo de xustificación escrita do concello), terá dereito a fixar 15 días hábiles á súa elección e 15 días naturais á elección do concello (ininterrompidamente).

Non obstante, o traballador/a poderá solicitar da Alcaldía desfruta-las súas vacacións nun mes diferente ós sinalados no parágrafo primeiro.

O plan de vacacións elaborarao o responsable de persoal para a súa negociación na comisión de control antes do día un de marzo de cada ano.

Todo o persoal laboral vinculado a este convenio desfrutará como descanso dos días 24 e 31 de decembro. Se por necesidades do servicio non se puidesen desfrutar eses días, facilitaráselle un descanso equivalente no mes de xaneiro seguinte, cunha compensación adicional igual á que teñan os domingos e festivos.

Artigo 16º.-Permisos.

Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

a) Por nacemento ou adopción de fillos, catro días. En caso de adopción, soamente un dos cónxuxes poderá desfruta-lo permiso.

b) Por morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, catro días se o suceso se produce na mesma localidade, e cinco se se produce en localidade distinta. Se o parentesco é de segundo grao terase dereito a dous días menos cós sinalados anteriormente.

c) Por traslado de domicilio, dous días.

d) O traballador/a cun fillo menor de nove meses tera dereito a unha hora de ausencia do traballo. Este período de tempo poderase dividir en dúas fraccións.

e) Quen por garda legal teña ó seu cargo algún menor de seis anos ou un diminuído físico, psíquico ou sensorial, terá dereito a unha reducción de xornada nun tercio ou na metade, con deducción proporcional de retribucións. Tamén poderán acollerse a este dereito os empregados/as públicos que teñan ó seu cargo familiares en primeiro grao que, por razóns de enfermidade, precisen asistencia continuada.

f) Para concorrer a exames ou probas de avaliación en centros oficiais, o día do evento, e o necesario para concorrer a eles, xustificadamente.

g) Durante o tempo en que duren os congresos ou reunións de carácter profesional ou sindical, coa debida xustificación e ata un maximo de 8 días ó ano, en función das necesidades do servicio.

h) Para o cumprimento dun deber público de carácter ineludible, o tempo mínimo imprescindible.

i) Logo de aviso e posterior xustificación, o traballador/a terá dereito ó tempo necesario para asistir á consulta médica.

Artigo 17º.-Licencias.

Concederanse as seguintes licencias:

a) Por matrimonio, licencia de 15 días naturais ininterrompidos.

b) En caso de enviuvar, o empregado público que teña fillos menores de 6 anos ou diminuídos, que non desempeñen ningunha actividade retributiva terá dereito a 1 mes natural de licencia.

c) Licencia por parto ou adopción, nos casos previstos na lexislación xeral.

d) Poderase dispor de 9 días ó ano de licencia por asuntos propios sen xustificación. A petición realizarase por escrito 7 días antes do seu desfrute. O silencio será entendido como positivo.

Artigo 18º.-Excedencias.

Regularanse de conformidade coa lexislación vixente e o silencio na solicitude será entendido como positivo para o traballador/a.

Capítulo VI

Xornada laboral e descansos

Artigo 19º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será a que legalmente se determine, sen que poida excede-las 37,5 horas semanais, de luns a venres, en xornada continuada.

Cara ós próximos acordos, recóllese como aspiración dos traballadores/as a xornada laboral de 35 horas semanais.

A comisión de control fará o cálculo da xornada anual resultante da xornada semanal pactada e fixará as horas ou días gañados por convenio no calendario laboral.

Artigo 20º.-Descansos.

O traballador/a municipal que teña xornada continuada terá dereito a desfrutar dun descanso de 30 minutos durante a súa xornada diaria, que se computará para tódolos efectos como tempo de traballo efectivo.

O descanso entre xornada e xornada será como mínimo de 12 horas, e o descanso semanal ininterrompido será como mínimo de día e medio, desfrutándose preferentemente entre a tarde do sábado e o domingo.

Os traballadores/as do retén de obras, limpeza viaria, limpeza de edificios e recollida do lixo que teñan que supera-la xornada diaria, terán dereito a compensa-lo exceso de xornada en tantas horas libres coma as excedidas, no día seguinte ó exceso. O traballador non terá que solicitar autorización para poder desfrutar das horas libres que lle correspondan.

Capítulo VII

Réxime de retribucións

Artigo 21º.-Réxime retributivo.

O Concello de Viana do Bolo recoñece como concepción xusta a reivindicación dos traballadores/as, no que atinxe á homologación e equiparación salarial co persoal funcionario do concello, en función das categorías, grupos e niveis que se establecen na táboa de equiparación contida neste artigo. Os traballadores/as laborais do concello serán equiparados nas súas retribucións coas dos funcionarios públicos (salario base, complemento específico, complemento de destino, antigüidade, productividade).

A estructura salarial dos traballadores/as laborais componse de: salario base (SB), complemento de convenio (CCV) e antigüidade (ANT). Considéranse integrados para efectos dos cálculos equiparativos os actuais salario base e complementos (agás a anti

güidade) do persoal laboral no concepto do novo salario base inicial. Así mesmo, o salario base equiparado do persoal laboral está formado pola suma do salario base e do complemento de destino dos funcionarios/as a que se homologuen, consonte as táboas que se definen neste artigo e nos anexos. O complemento de convenio (CCV) do persoal laboral está formado polo complemento específico dos funcionarios/as a que se homologuen, consonte as táboas que se definen neste artigo e nos anexos.

Os traballadores laborais do Concello de Viana do Bolo contarán cun complemento voluntario mensual que será equivalente ó que perciban, como productividade, os traballadores/as funcionarios do Concello de Viana do Bolo, distribuído por categorías, grupos e niveis. Sempre que algún traballador funcionario conte co complemento de productividade, os traballadores laborais do grupo ó que pertenza contarán, como mínimo, co complemento mínimo do grupo ó que pertenza.

As retribucións serán devengadas mensualmente, non por día de traballo.

O Concello de Viana do Bolo comprométese a afronta-la homologación e equiparación salarial no quinquenio 1999 a 2003 (ámbolos dous incluídos).

O sistema de solución desta equiparación e aproximación retributiva será como a seguir se detalla:

Sistema de aproximación retributiva:

A) O Concello de Viana do Bolo imputará para 1999 ó salario dos traballadores/as laborais a cantidade de 2.900.000 ptas. consonte a categoría profesional, grupo e nivel a que se equiparen para efectos de minora-la diferencia que exista entre o salario do persoal laboral e o do persoal funcionario.

A porcentaxe que supoñan os 2.900.000 ptas. da masa salarial global de todo o persoal laboral será imputada como a seguir se detalla (%99):

Fórmula:

SB 1999=(SB 03-SB 99)x%99+SB 99

CCV 1999=(CCV 03)x%99

ANT 1999=(ANT 03-ANT 99)x%99+ANT 99

Total 1999=SB 99+CCV 99+ANT 99

Os salarios que resulten para 1999, consonte a táboa de 1999 anexa, entrarán en vigor no momento da sinatura do convenio e os atrasos derivados de tal actualización aboaránselles ós operarios, desde o mes de xaneiro de 1999, coa nómina do mes en que se asine o convenio, consonte o anexo de atrasos.

B) En cada exercicio, a partir do ano 2000, o concello incrementará partidas de gasto para seguir a atende-la homologación do persoal laboral co persoal funcionario, de acordo cos seguintes criterios negociadores:

Ano 2000: negociarase, na comisión de control do convenio, no mes de decembro de 1999, como incremento que se impute nos salarios do persoal laboral, entre un 3% e un 23% da diferencia existente cos salarios dos funcionarios, consonte a táboa de equiparación (anexo I).

Fórmula:

SB 2000=(SB 03-SB 99)x({3% a 23%}+%99)+SB 99

CCV 2000=(CCV 03-CCV 99)x({3% a 23%}+%99)+CCV 99

ANT 2000=(ANT 03-ANT 99)x({3% a 23%}+%99)+ANT 99

Total 2000=(SB 00+CCV 00+ANT 00)+(IPC)

Ano 2001: negociarase, na comisión de control do convenio, no mes de decembro do 2000, como incremento que se impute nos salarios do persoal laboral, entre a porcentaxe negociada no ano 2000 (%00) e un 24% da diferencia existente cos salarios dos funcionarios, consonte a táboa de equiparación (anexo I).

Fórmula:

SB 2001=(SB 03-SB 00)x({%00 a 24%}+%00)+SB 00

CCV 2001=(CCV 03-CCV 00)x({%00 a 24%}+%00)+CCV 00

ANT 2001=(ANT 03-ANT 00)x({%00 a 24%}+%00)+ANT 00

Total 2001=(SB 01+CCV 01+ANT 01)+(IPC)

Ano 2002: negociarase, na comisión de control do convenio, no mes de decembro do 2001, como incremento que se impute nos salarios do persoal laboral, entre a porcentaxe negociada no ano 2001 (%01) e un 25% da diferencia existente cos salarios dos funcionarios, consonte a táboa de equiparación (anexo I).

Fórmula:

SB 2002=(SB 03-SB 01)x({%01 a 25%}+%01)+SB 01

CCV 2002=(CCV 03-CV 01)x({%01 a 25%}+%01)+CCV 01

ANT 2002= (ANT 03-ANT 01)x({%01 a 25%}+%01)+ANT 01

Total 2002=(SB 02+CCV 02+ANT 02)+(IPC)

Ano 2003: negociarase, na comisión de control do convenio, no mes de decembro do 2002, como incremento que se impute nos salarios do persoal laboral, entre a porcentaxe negociada no ano 2002 (%02) e un 25% da diferencia existente cos salarios dos funcionarios, consonte a táboa de equiparación (anexo I). Alcanza, dentro deste espírito negociador, o 100% da homologación.

Fórmula:

SB 2003=(SB 03-SB 02)x({%02 a 25%}+%02)+SB 02

CCV 2003=(CCV 03-CCV 02)x({%02 a 25%}+%02)+CCV 02

ANT 2003=(ANT 03-ANT 02)x({%02 a 25%}+%02)+ANT 02

Total 2003=(SB 03+CCV 03+ANT 03)+(IPC)

Os resultados das operacións matemáticas non poden ser negativos en cómputo global para o traballador/a. Chegado o ano 2003, o salario bruto de cada traballador/a estará equiparado segundo a súa categoría, engadíndolle ano a ano o incremento (IPC) fixado polo Goberno para os funcionarios públicos, sobre tódolos conceptos retributivos.

1.Táboa de homologación de categorías, grupos e niveis:

CategoríaGrp.Niv.

1. Técnicos superiores:(licenciatura universitaria)A25

2. Técnicos medios:(diplomatura universitaria)B24

3. Encargados, capataces, coordinadores.C22

4. Oficiais de 1ª, electricistas enquisadores,

fontaneiros, administrativos, puericultores culturais,

conductores de camión.D16

5. Oficiais de 2ª e 3ª, Aux. administrativos,

Aux. clínica.D16

6. Peóns, limpadores/as, conserxes, operarios,

porteiros.E14

2. Táboa de equiparación retributiva, táboa para 1999, táboa de atrasos e táboa de pagas extras (anexos).

Pagas extraordinarias: serán dobres ó ano e terán a seguinte configuración: ás retribucións basicas sumaráselle-lo importe de tódolos complementos e seguirán o mesmo sistema de aproximación retributiva que o establecido para o salario mensual. Para 1999 serán as que se recollen no anexo de pagas extras.

Serán satisfeitas conxuntamente coas nóminas de xuño e decembro.

O persoal laboral contratado a tempo parcial será retribuído proporcionalmente baseándose nas horas traballadas.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

Establécese a prohibición, como norma xeral, de realizar traballos extraordinarios fóra da xornada normal agás as excepcións que sexan necesarias e cun tempo máximo equivalente a 70 horas extraordinarias anuais. Só se retribuirán aqueles traballos extraordinarios que fosen antes autorizados pola Alcaldía ou concelleiro delegado de persoal e comunicados por escrito ó operario/a interesado. Quedan exceptuados da regra anterior os traballos necesarios para previr ou amañar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, tendo que xustificarse por escrito perante a Corporación neste caso, unha vez realizados, nun prazo non superior a 5 días hábiles. Cando exista a necesidade de realizar traballos extraordinarios repartiranse, se é posible, de maneira equitativa entre o colectivo afectado.

Mensualmente emitirase informe escrito para os representantes legais dos traballadores/as, relativo a todo o que afecte ó número de xornadas extraordinarias e gratificacións.

O importe da hora extraordinaria será o resultante (en diñeiro ou descansos) das fórmulas seguintes:

Diñeiro: (salario bruto anual/xornada anual)x2.

Descansos: horas extras realizadasx2.

Se tales horas extras se realizan en horario nocturno ou festivo, o coeficiente multiplicador será de 2,75.

Á fin do ano os representantes legais dos traballadores/as, unha vez sumadas as horas extraordinarias realizadas por servicio, proporanlle ó concello a creación dos postos de traballo a tempo completo que resulten de tal operación.

O traballador/a terá dereito a negarse a realizar horas extraordinarias que non sexan para previr ou amañar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, sempre e cando lle estean comunicadas por escrito ó interesado/a.

Artigo 23º.-Gratificación de nocturnidade.

O persoal laboral que realice a súa tarefa en horario nocturno percibirá, por cada hora de traballo efectivo, a seguinte gratificación:

(Retribución anual/xornada anual)x2.

Entenderase como hora nocturna a comprendida entre as 21 horas e as 7 horas do día seguinte.

Artigo 24º.-Gratificación de festividade.

Se se traballa en domingo ou festivo, o persoal laboral municipal será recompensado cunha gratificación equivalente á da nocturnidade.

Artigo 25º.-Complementos de perigosidade, toxicidade e penosidade.

O persoal laboral que realice a súa tarefas consideradas perigosas, tóxicas e/ou penosas percibirá por cada hora de traballo efectivo a seguinte gratificación (acumulable):

(Retribución anual/xornada anual)x1,50.

A comisión de control establecerá qué postos de traballo contarán co complemento de perigosidade, toxicidade e penosidade, no primeiro mes de vixencia do convenio.

Artigo 26º.-Axudas de custo e quilometraxe.

Os traballadores laborais contarán coas mesmas axudas de custo de hotel, mantenza e quilometraxe que teñan establecidas, por grupos, os funcionarios:

Para 1999:

Grupo B: quilometraxe: 24 ptas. Hotel: 14.500 ptas. Mantenza: 8.300 ptas.

Grupo C: quilometraxe: 24 ptas. Hotel: 7.000 ptas. Mantenza: 5.500 ptas.

Grupo D: quilometraxe: 24 ptas. Hotel: 4.300 ptas. Mantenza: 4.100 ptas.

Grupo E: quilometraxe: 24 ptas. Hotel: consonte o establecido por lei. Mantenza: consonte o establecido por lei.

Artigo 27º.-Traballos para outros concellos.

Se se traballa para outros concellos, recibirase a seguinte gratificación: (salario bruto anual/xornada anual) x 1,50.

A orde de traballo para outro concello deberá ser dada por escrito ó interesado e só terá validez dentro da xornada habitual de traballo, non en descanso semanal.

Artigo 28º.-Revisión salarial.

Establécese unha revisión salarial anual que será equivalente á que poidan obte-los funcionarios públicos.

Artigo 29º.-Retribucións en caso de incapacidade temporal.

Os traballadores laborais nesta situación cobrarán as mesmas cantidades que perciban, polo mesmo concepto, os funcionarios públicos.

Artigo 30º.-Antigüidade.

A antigüidade dos traballadores/as determinarase mediante a aplicación do sistema previsto para os funcionarios públicos, é dicir, pola consolidación de trienios na contía correspondente a cada grupo ó que se asimila a categoría do traballador/a, de acordo co sistema de aproximación retributiva establecido no artigo 21º deste convenio.

Os traballadores/as que agora mesmo tivesen recoñecida unha cantidade por antigüidade superior á do grupo ó que se equiparan, experimentarán as modificacións recollidas no artigo 21º, de tal xeito que no ano 2003, estes conceptos estarían equiparados cos dos funcionarios do seu grupo de nivel.

A antigüidade computarase para efectos económicos desde o primeiro ingreso ó servicio do concello, aínda que houber solución de continuidade na relación laboral.

Capítulo VIII

Dereitos sociais

Artigo 31º.-Fondo social, axudas sociais, anticipos, defensa do operario/a municipal, seguros e coberturas, quebrantamento de moeda, premios de xubilación e constancia.

Os traballadores/as laborais do Concello de Viana do Bolo disporán do mesmo fondo social, axudas sociais, anticipos, defensa do operario municipal, seguros e coberturas, quebrantamentos de moeda e premios de xubilación e constancia que o que poidan dispo-los funcionarios públicos do Concello de Viana do Bolo.

Capítulo IX

Seguridade e hixiene

Artigo 32º.-Medicina de empresa.

O concello dotarase dun servicio de medicina de empresa e dun comité de seguridade e hixiene.

O servicio de medicina de empresa, nunha primeira fase, estará constituído por un médico que controle as baixas por enfermidade e todo o relacionado coas condicións médico-sanitarias dos empregados/as públicos, colaborando directamente co comité de seguridade e hixiene. Este tipo de asistencia poderá ser concertada.

Con carácter xeral anualmente efectuarase un recoñecemento médico a tódolos empregados/as públicos, do que se lles deberá dar coñecemento. Quedará a xuízo do servicio médico o tipo de reco

ñecemento ó que deba someterse o persoal laboral. Este recoñecemento, que será voluntario, realizarase preferentemente na xornada laboral.

Poderanse realizar tamén revisións periódicas e específicas ó persoal que realice unha actividade que a faga conveniente.

Ademais do recoñecemento voluntario, os maiores de 50 anos poderán solicitar, con carácter voluntario, a realización dun exame cardiovascular.

Artigo 33º.-Comité de seguridade e hixiene no traballo.

O comité de seguridade e hixiene é un instrumento legal ó servicio do concello para o cumprimento das prescricións legais nesta materia.

Estará constituído por tres representantes do grupo de goberno e tres dos traballadores/as e, como presidente, o concelleiro de réxime interior ou persoa na que delegue.

As súas funcións serán:

a) Promove-lo coñecemento e a observancia da normativa desta materia.

b) Coñecer e recibir información dos riscos profesionais.

c) Estudia-las situacións de perigosidade, accidentes ocorridos, analiza-las súas causas e realizar propostas motivadas de prevención.

d) Confeccionar un ficheiro de locais do concello e estudia-las súas condicións de seguridade e salubridade, para o que deberá contar cun máximo apoio da Corporación.

e) Realizar campañas de mentalización e prevención de accidentes.

f) Pór en coñecemento dos órganos competentes as situacións de perigosidade e risco que se produzan de xeito eventual e con carácter de urxencia.

g) Promove-la paralización profesional de traballos ante a presencia dun risco grave e inminente.

h) Realizar plans de evacuación.

i) Estudio do tipo e numero de uniformes.

A competencia do comité de seguridade e hixiene alcanza a tódolos centros de traballo propios ou dependentes do concello.

Os membros do comité de seguridade e hixiene disporán do tempo necesario para asistir ás reunións ou para realiza-los cometidos sinalados polo propio comité. O réxime de control será o mesmo que para o comité de empresa ou delegados de persoal.

As conclusións deste comité trasladaranse á comisión de control.

Artigo 34º.-Vestiario.

O concello proporcionará uniformes de traballo en concordancia co posto e a función que se realice. O comité de seguridade e hixiene informará antes

sobre esta materia. Terán dereito a uniforme os postos de traballo que esixan un vestiario especial, como auxiliares de policía local, limpadores/as, brigada de obras, retén de servicios varios, etc.

Artigo 35º.-Primeiros auxilios.

Cada centro de traballo contará imperativamente cos medios precisos de primeiros auxilios en perfectas condicións de utilización en todo momento.

Capítulo X

Dereitos sindicais

Artigo 36º.-Liberdade sindical e representación dos operarios/as.

A Corporación e os representantes legais dos traballadores/as comprométense a desenvolve-las condicións que permitan o pleno exercicio da liberdade sindical.

A representación do persoal desenvolverase de conformidade coa lexislación vixente na materia e a Lei orgánica de liberdade sindical.

É competencia dos representantes dos empregados/as a defensa dos intereses xerais e específicos dos empregados/as públicos e, en particular, a negociación das súas condicións salariais, sociais e sindicais. Os representantes dos empregados/as deberán ser informados:

a) Das cuestións que afecten o persoal e vaian ser tratadas na comisión informativa de persoal, enviarase a orde do día e a acta da reunión anterior. Permitirase na devandita comisión a presencia dos representantes legais dos empregados/as para que expoñan as súas opinións, pero non estarán presentes na deliberación e votación.

b) Darase audiencia, obrigatoria, en materia de sancións e expedientes disciplinarios, tal e como se establece no capítulo do réxime disciplinario.

c) Informarase de tódolos contratos realizados, facilitándose unha copia completa deles.

d) Da asignación de complementos, gratificacións, honores e distincións.

e) Darase audiencia obrigatoria en materia de privatización de servicios que afecten á estabilidade no emprego dos operarios/as municipais, e o seu informe será vinculante.

e) De todas cantas se establecen no corpo deste convenio.

Os representantes dos empregados/as terán a capacidade que o ordenamento xurídico lles outorgue para o exercicio das accións administrativas ou xudiciais que procedan, no ámbito das súas competencias.

Os representantes dos traballadores/as deberán ser consultados preceptivamente en relación cos cambios de horarios e quendas, a reestructuración do

cadro de persoal, a súa reorganización, así como co resto das cuestións desenvolvidas nos artigos precedentes.

Os representantes legais dos empregados/as non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica. Ningún deles pode ser trasladado nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro dos catro anos seguintes á expiración do seu mandato, por motivos sindicais.

Cada un dos membros dos órganos de representación, así como o secretario xeral da sección respectiva e os delegados/as de persoal ou sindicais, disporán de 18 horas mensuais para a realización das súas actividades, coas seguintes especificacións:

a) Quedan fóra de cómputo as empregadas en negociación colectiva ou por proposta da Administración.

b) A comunicación do seu uso realizarase con 12 horas de antelación, 24 horas se se ten traballo a quenda, ante o servicio de réxime interior e no propio servicio. No caso de que non poida facerse así, respectaranse as necesidades do servicio, pasando posteriormente notificación a réxime interior.

c) Tamén, coa antelación que sexa posible, os membros de comisións negociadoras comunicarán nos seus servicios as devanditas ausencias.

d) Mensualmente poderán ser acumulalas horas dos empregados/as presentes nos distintos órganos de representación, así como as do delegado da sección sindical nun ou varios dos compoñentes das seccións sindicais, dándose coñecemento diso con antelación suficiente á dirección de persoal, con expresión de quén acumula, de quén proceden e sempre por decisión do sindicato ó que pertenzan.

Os representantes dos empregados/as públicos deste concello están obrigados expresamente a:

a) Cumprir e respecta-lo pactado e negociado coa Corporación.

b) Desenvolver labores de estudio e asistencia ó labor sindical.

c) Notificarlle á Corporación calquera cambio de membros que se produza no seu seo.

Artigo 37º.-Dereito á folga.

Recoñécese o dereito de folga, de conformidade coa Constitución, e a súa normativa de desenvolvemento, aínda que as partes se comprometen a exercelo en último caso. Os servicios mínimos deberán ser negociados cos representantes dos traballadores/as; no caso de desacordo operará a porcentaxe mínima que estableza a lei.

Artigo 38º.-Reunións nos centros de traballo.

As reunións nos centros de traballo autorizaranse fóra da xornada laboral, agás acordo en contrario. Neste caso concederanse autorizacións ata un máximo de 70 horas anuais; destas, 15 horas corres

ponderán ás seccións sindicais e o resto ós delegados/as de persoal ou comité de empresa. En calquera caso, a celebración de reunións non prexudicará a prestación dos servicios públicos e procurarase que coincida coa entrada ou saída dos empregados/as.

O comité de empresa disporá dun local propio nas dependencias municipais e de todo o material de oficina preciso para desenvolve-las súas actividades, que facilitará o concello.

Artigo 39º.-Arbitraxe en caso de conflicto colectivo.

Calquera conflicto colectivo que xurda no ámbito deste convenio requirirá para a súa consideración de licitude o previo coñecemento da comisión de control, organismo que deberá arbitrar unha solución ó conflicto.

Capítulo XI

Formación profesional

Artigo 40º.-Cursos.

O persoal laboral público poderá acceder á realización de calquera curso relacionado co seu posto de traballo convocado polo concello ou calquera outro organismo público, respectándose o principio de igualdade de oportunidades. A asistencia ós cursos terase en conta para a promoción profesional, sempre e cando se expida certificación que amose o aproveitamento das materias impartidas. Anualmente elaborará un programa destinado á formación permanente do persoal laboral público pola comisión de control.

Capítulo XII

Réxime disciplinario

Artigo 41º.-Réxime disciplinario.

O réxime disciplinario e o procedemento para a imposición de sancións, con plena observancia e en ausencia do disposto no Estatuto dos traballadores/as e demais lexislación laboral que sexa de aplicación, será o previsto para os funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia. En calquera caso a imposición de sancións deberá ser comunicada previamente ó comité de empresa ou delegados de persoal, que deberán emitir, preceptivamente, informe. O incumprimento desa comunicación ós representantes legais dos traballadores/as produce a nulidade da sanción imposta. No caso de despedimento declarado improcedente por órganos xurisdiccionais competentes, será o traballador/a quen opte entre a indemnización legal ou a súa readmisión.

Cláusulas adicionais.

Primeira.-Este convenio entrará en vigor con efecto retroactivo do primeiro de xaneiro de 1999, agás o previsto para os anos da súa vixencia, e o concello está obrigado a face-la correspondente modificación dos orzamentos municipais aprobados para 1999,

para efectos de pór en funcionamento o sistema de aproximación retributivo establecido no convenio.

Segunda.-A Comisión negociadora elaborará as táboas individualizadas de aproximación retributiva do ano 2000 ó 2003, conforme o disposto no artigo 21º do convenio. Estas serán engadidas ó texto do convenio. O salario bruto total de cada traballador cotizará na súa integridade á Seguridade Social.

Terceira.-Para os anos 2000, 2001, 2002 e 2003 as retribucións experimentarán os incrementos determinados na Lei de orzamentos xerais do Estado ou normativa análoga para a función pública, sendo de aplicación a cláusula de revisión salarial contida neste convenio.

Cuarta.-Na perspectiva de acada-la equiparación entre o persoal laboral e funcionario, créase para os anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003 un fondo adicional de aproximación retributiva calculado en función da diferencia individual entre postos análogos tomando como referencia as retribucións do ano 1999, conforme o previsto no artigo 21 do convenio. O concello comprométese a aprobar nos seus orzamentos municipais as partidas precisas para a dotación deste fondo durante o devandito quinquenio.

Quinta.-A comisión negociadora do convenio reunirase por petición de calquera das partes dentro das 48 horas seguintes á súa solicitude.

Sexta.-Tódalas normas contidas neste convenio obrigan o Concello de Viana do Bolo a poñelas en vigor nos prazos establecidos nel, independentemente da aprobación ou prórroga dos orzamentos municipais. Neste último caso, o concello está obrigado a face-las modificacións orzamentarias que sexan precisas para o cumprimento do convenio.

Sétima.-O silencio do concello perante calquera solicitude do traballador/a será entendido como positivo para o pedimento do operario/a.

Oitava.-Os postos de traballo subvencionados por outras Administracións rexeranse, economicamente, pola orde da convocatoria correspondente.

Novena.-A denuncia do convenio ten que ser feita, por escrito, por algunha das partes que o negociaron, así como por calquera outra parte legalmente lexitimada. O prazo de aviso previo é de dous meses antes da expiración do acordo.

Décima.-As partes que concertan o convenio colectivo son as que o asinan, reflectidas na acta de constitución da mesa negociadora: o Concello de Viana do Bolo, representado polo seu alcalde-presidente, no nome da comisión de persoal: Neftalí Prieto Barrios e os traballadores laborais do Concello de Viana do Bolo, representados polos seus delegados de persoal: Helena Fernández Fernández (CIG), Francisco Xosé Estévez Garcia (CIG) e Xosé Antón Rodríguez Camba (CIG).

En Viana do Bolo, 31 de maio de 1999.

ANEXO I

Táboa de equiparación retributiva entre o persoal funcionario

e o persoal laboral do Concello de Viana do Bolo

Salario funcionariosLaborais equiparados 2008+IPC

PostoGNS.B.C.D.ESPTot.MTrienioS.B.C. CVTot.MV. Ant.

Técnicos superioresA25158.02588.73099.379346.1346.069246.75599.379346.1346.069
Técnicos mediosB24134.12083.49588.021305.6364.855217.61588.021305.6364.855
AdministrativosC2299.97773.02586.242259.2443.644173.00286.242259.2443.644
EncargadosC2299.97773.02586.242259.2443.644173.00286.242259.2443.644
CapatacesC2299.97773.02586.242259.2443.644173.00286.242259.2443.644
CoordinadoresC2299.97773.02586.242259.2443.644173.00286.242259.2443.644
Oficiais de 1ªD1681.74950.11531.468163.3322.434131.86431.468163.3322.434
Conductores camiónD1681.74950.11531.468163.3322.434131.86431.468163.3322.434
ElectricistasD1681.74950.11531.468163.3322.434131.86431.468163.3322.434
Consum./Enquis./Cult.D1681.74950.11531.468163.3322.434131.86431.468163.3322.434
PuericulturaD1681.74950.11531.468163.3322.434131.86431.468163.3322.434
Aux. Adm. e Aux. clínicaD1681.74950.11531.468163.3322.434131.86431.468163.3322.434
Oficiais de 2ª e 3ªD1681.74950.11531.468163.3322.434131.86431.468163.3322.434
Peóns e operariosE1474.63043.68231.468149.7801.825118.31231.468149.7801.825
Limpadores/asE1474.63043.68231.468149.7801.825118.31231.468149.7801.825
Porteiros/conserxesE1474.63043.68231.468149.7801.825118.31231.468149.7801.825

Claves:

GGrupo

NNivel

S.B.Salario base

C.D.Complemento de destino

Esp.Específico

Pro. 1/2Productividade media

Tot. M.Total mes

V. Ant.Valor 1 trienio de antigüidade

Trienio1 trienio

C. CV.Complemento de convenio

Aproximación: Sal. revisado para 1999Salarios revisados para 1999

PostoGNS.B.AP.SB.PAP.PL.Ant.AP. AT.PE-VAP/P.E.Tot.A.S.B.PL.CV.Ant.PE.VTot.R.

Encargado
Francisco Morcate SánchezC22110.3717.829010.7800024.9942.282135.365118.20010.780027.276156.256

Oficial de 1ª e conductor
Francisco José Estévez GarcíaD1692.1434.96503.9342.598284094.74197.1083.9342.8820103.923

Máximo Bambibre VegaD1692.1434.96503.9340609092.14397.1083.9346090101.650

Xosé Rodríguez BlancoD1681.7496.26403.9340020.4381.566102.18788.0133.934022.004113.951

Bernardino Rodríguez Fdz.D1692.1434.96503.93411.433-5160103.57697.1083.93410.9170111.958

Manuel Tameirón LópezD1692.1434.96503.9340020.4381.566112.58197.1083.934022.004123.046

Auxiliar de clínica
Arminda Vidueira JanesD1682.1006.22103.93414.032-841098.13288.3213.93413.191105.445

Peóns e limpadoras
Fernando Fernández CastañoE1474.6305.46003.9340456074.63080.0903.93445684.480

Sefarín García CousoE1474.6305.46003.93418.709-1.426093.33980.0903.93417.283101.307

Santiago Vicente VázquezE1474.6305.46003.934018.6571.36593.28780.0903.934020.022104.046

Herminio Álvarez ManceboE1474.6305.46003.934018.6571.36593.28780.0903.934020.022104.046

Federico Diéguez AsanjoE1495.4182.86203.93424.426-2.8250119.84498.2803.93421.601123.814

Heliodoro García CousoE1474.6305.46003.934018.6571.36593.28780.0903.934020.022104.046

Domingo Estévez YáñezE1474.6305.46003.9340456074.63080.0903.934456084.480

Xoán Vidal RodríguezE1474.6305.46003.93418.709-1.426093.33980.0903.93417.283101.307

Manuel García RiveiraE1485.0244.16103.93421.827-1.3600106.05189.1853.93420.467113.586

Fabián García FuranesE1474.6305.46003.93412.473-1.103087.10380.0903.93411.37095.294

Antonio Yáñez PérezE1474.6305.46003.93435.339-3.0490109.96980.0903.93432.290116.314

José Manuel Rodríguez GarcíaE1495.4182.86203.9340456095.41898.2803.934456102.670

M. Blanco Saquete (1/2 xorn.)E1447.7091.43101.96709.32868357.03749.1401.967010.01161.117

Helena Fdz. Fdz. (3/4 xorn.)E1455.9724.83503.14715.591-1.401071.56360.8073.14714.19078.143

Aproximación: Sal. revisado para 1999Salarios revisados para 1999

PostoGNS.B.AP.SB.PAP.PL.Ant.AP. AT.PE-VAP/P.E.Tot.A.S.B.PL.CV.Ant.PE.VTot.R.

Dores Fariñas Domgz. (1/2 xorn.)E1437.3152.73001.9679.875-1.006047.19040.0451.9678.86950.881

Antonia Méndez Dgz. (1/2 xorn.)E1437.3152.73001.9679.875-1.006047.19040.0451.9678.86950.881

María García Vidueira (1/2 xorn.)E1447.7091.43101.96710.913-1.136058.62249.1401.9679.77760.884

Conserxes
Xosé Antón Rdz. CambaE1485.0244.16103.9347.275-225092.29989.1853.9347.090100.169

Vidal Nogueira NievesE1485.0244.16103.93419.229-3510104.25389.1853.93418.879111.997

Totais incrementos mes120.680100.464-15.410

Total/ano (14p) Incr. S. base1.689.517

Total/ano (14p) Incr. P. Conv.1.406.496

Total/ano (14p) Incr. antigüidade-215.742

Total 1999 incremento2.880.271

Salario equiparado

S.B.C.CV.Ant.PE-VTot. M.

173.00286.242043.251302.495

131.86431.4684.868168.200

131.86431.4684.868168.200

131.86431.468032.966196.298

131.86431.4687.302170.634

131.86431.468032.966196.298

131.86431.4687.302170.634

118.31231.4683.680153.430

118.31231.4687.300157.080

S.B.C.CV.Ant.PE-VTot. M.

118.31231.468029.578179.358

118.31231.468029.578179.358

118.31231.4681.825151.605

118.31231.468029.578179.358

118.31231.4683.650153.430

118.31231.4687.300157.080

118.31231.46810.950160.730

118.31231.4683.650153.430

118.31231.46810.950160.730

118.31231.4683.650153.430

59.15615.734014.78989.679

94.65025.1744.380124.204

59.15615.7341.82676.716

59.15615.7341.82676.716

59.15615.7341.82676.716

118.31231.4685.475155.255

118.31231.46816.425166.205

Atrasos a xuño de 1999

PostoGNA SB.A PC.A AT.A RE-V.Tot. A.

Encargado
Francisco Morcate SánchezC227.82910.78002.28294.010

Oficial de 1ª e conductor
Francisco José Estévez GarcíaD164.9653.934284055.098

Máximo Bembibre VegaD164.9652.934609057.048

Xosé Rodríguez BlancoD166.2643.93401.56658.820

Bernardino Rodríguez Fdz.D164.9653.934-516050.298

Manuel Tameirón LópezD164.9653.93401.56652.325

Auxiliar de clínica
Arminda Vidueira JanesD166.2213.934-841055.884

Peóns e limpadores/as
Fernando Fernández CastañoE145.4603.934456059.100

Serafín García CousoE145.4603.934-1.426047.808

Santiago Vicente VázquezE145.4603.93401.36564.554

Herminio Álvarez ManceboE145.4603.93401.36553.795

Federico Diéguez AsanjoE142.8623.934-2.825019.855

Heliodoro García CousoE145.4603.93401.36553.795

Domingo Estévez YáñezE145.4603.934456059.100

Xoán Vidal RodríguezE145.4602.934-1.426047.808

PostoGNA SB.A PC.A AT.A RE-V.Tot. A.

Manuel García RiveiraE144.1613.934-1.360040.410

Fabián García FuronesE145.4603.934-1.103049.746

Antonio Yáñez PérezE145.4603.934-3.049038.070

José Manuel Rodríguez GarcíaE142.8623.934456043.512

H. Blanco Saquete (1/2 xorn.)E141.4311.967068320.405

Helena Fdz. Fdz. (3/4 xorn.)E144.8353.147-1.401039.486

Dores Fariñas Domgz. (1/2 xorn.)E142.7301.967-1.006022.146

Antonia Méndez Dgz. (1/2 xorn.)E142.7301.967-1.006022.146

María García Vidueira (1/2 xorn.)E141.4311.967-1.136013.572

Conserxes
Xosé Antón Rdz. CambaE144.1613.934-225047.220

Vidal Nogueira NievesE144.1613.934-351046.464

Totais atrasos120.678100.475-15.4101.212.475