Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.435

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999, da comisión de selección para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, pola que se fan públicas as notas correspondentes á entrevista e á valoración curricular.

Realizadas as valoracións curriculares e as entrevistas previstas para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, regulado na orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 30 de outubro de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia número 228, do 24 de novembro de 1998.

En cumprimento das fases de elaboración previstas na base terceira da citada Orde do 30 de outubro de 1998;

ACORDO:

Publica-las notas obtidas polos aspirantes que se presentaron ás citadas probas.

Sinalar que os aspirantes dispoñen dun prazo de 10 días desde a publicación deste anuncio para a presentación das reclamacións que consideren oportunas contra as notas expostas.

As listas coas notas correspondentes a ámbalas dúas probas estarán expostas nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como na Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1999.

Juan Manuel Cotanda Bueno

Presidente da comisión de selección