Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.403

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 agosto de 1999 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 14 de xaneiro de 1999, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas encamiñadas a aumenta-lo coñecemento e o uso social da lingua galega.

Visto o informe-proposta realizado pola comisión reunida o 26 de xullo de 1999, de acordo cos artigos 7 e 8 da Orde do 14 de xaneiro de 1999, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas encamiñadas a aumenta-lo coñecemento e o uso social da lingua galega (DOG do 8 de febreiro), e atendendo ó disposto no artigo 9 da mesma orde,

DISPOÑO:

1. Concede-las axudas ós proxectos e polas contías relacionados no anexo I desta orde. Nesta relación inclúense os proxectos que non se subvencionan por non acadaren prioridade suficiente de acordo cos criterios establecidos na orde de convocatoria.

2. Desestima-los proxectos que aparecen relacionados no anexo II por non atende-lo requirimento de emenda de erros no prazo establecido, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Excluí-los proxectos relacionados no anexo III desta orde, por seren presentados fóra do prazo previsto no artigo 6 da orde de convocatoria.

4. De acordo co previsto no artigo 10 da orde de convocatoria, as empresas ás que lles sexan subven

cionados proxectos deberán comunicarlle por escrito á Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación das subvencións concedidas, cos compromisos que isto impón, no prazo máximo de dez días contados a partir da publicación desta orde no DOG.

5. Esta orde ponlle fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria