Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 15 de xullo de 1999, o prego de cláusulas administrativas que rexerá o concurso polo procedemento aberto da obra de pavimentación de vías e accesos a núcleos de poboación en Vila de Cruces, exponse ó público por un prazo de oito días hábiles, para que poidan presentarse reclamacions, contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anunico no BOP ou DOG.

Simultaneamente, anúnciase licitación pública para a adxudicación da dita obra, que quedaría aprazada no suposto de se presentaren reclamacións ó prego, continuando o que falte a partir do día seguinte ó da súa resolución.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de pavimentación de vías e accesos a núcleos de poboación en Vila de Cruces.

Tipo de licitación: 14.375.030 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: tres meses.

Garantías: a provisional establécese en 287.501 pesetas, e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día segunte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2ª do prego de condicións.

Modelo de proposicións: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán, simultaneamente coa proposición e en sobre á parte, os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios e impostos que procedan, incluído o IVE, así como os de dirección técnica das obras.

Vila de Cruces, 21 de xullo de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado