Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Nogueira de Ramuín aprobou o día 6 de agosto de 1999 o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de saneamento en Loureiro e Vilar.

Anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que se aprazará cando resulte necesario, de presentaren reclamacións.

Prezo: 15.612.781 ptas.

Garantías: provisionais: 312.256 ptas. Definitiva: 624.511 ptas.

Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas no rexistro do concello, de luns a venres.

Apertura de ofertas: o segundo día hábil seguinte ó da apertura dos sobres B, en sesión pública na Casa do Concello ás doce horas.

Nogueira de Ramuín, 9 de agosto de 1999.

José Eugenio Galindo González

Alcalde