Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 26 de xullo de 1999, aprobou o cadro de características técnicas para a contratación da obra que a seguir se relaciona.

A contratación, que se adxudicará mediante concurso, por procedemneto aberto, rexerase polo disposto no prego tipo de cláusulas económico-administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 13 de xuño de 1996, coas especificacións contidas no cadro.

Cadro de carcterísticas técnicas.

1. Proxecto: pavimentación e servicios na Avda. de Vilalba.

2. Tipo de licitación: nove millóns setecentas noventa mil seiscentas dez (9.790.610) pesetas (58.842,75 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

Execución material: 7.092.589 ptas.

Gastos xerais: 922.037 ptas.

Beneficio industrial: 425.555 ptas.

IVE (16%): 1.350.429 ptas.

3. Financiamento: incluído no programa de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Locais (PIEL) financiado na súa integridade pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

4. Prazo de execución: dous meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Tramitación: ordinaria.

7. Prazo e lugar de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación no último dos boletíns oficiais, ante o rexistro xeral do concello. Se o derradeiro día coincide en sábado ou festivo, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantía provisional: 195.812 pesetas.

9. Garantía definitiva: 391.624 pesetas.

10. Revisión de prezos: considerado o reducido prazo de execución, non se procede a revisión de prezos.

Cadro de características técnicas.

1. Proxecto: pavimentación en Cantarrana e muro de contención en Cantarrana.

2. Tipo de licitación: sete millóns oitenta e catro mil (7.084.000) pesetas (42.575,70 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

Execución material: 5.131.845 ptas.

Gastos xerais: 667.140 ptas.

Beneficio industrial: 307.911 ptas.

IVE (16%): 977.104 ptas.

3. Financiamento: incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de competencia municipal para 1999, a obra é cofinanciada polas seguintes administracións:

Ministerio de Administracións Públicas: 3.542.000 ptas.

Deputación Provincial de Lugo: 1.771.000 ptas.

Concello de Viveiro: 1.771.000 ptas.

4. Prazo de execución: dous meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Tramitación: ordinaria.

7. Prazo e lugar de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación no último dos boletíns oficiais, ante o rexistro xeral do concello. Se o derradeiro día coincide en sábado ou festivo, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantía provisional: 141.680 pesetas.

9. Garantía definitiva: 283.360 pesetas.

10. Revisión de prezos: considerado o reducido prazo de execución, non se procede a revisión de prezos.

Viveiro, 30 de xullo de 1999.

César Aja Mariño

Alcalde