Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia para a elaboración das contas económicas de Galicia e as táboas que conforman o marco input-ouput, relativas ó exercicio económico 1998.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económico-Administrativa.

c) Nº de expediente: 640.1/26/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: elaboración das contas económicas de Galicia e as táboas que conforman o marco input-ouput, relativas ó exercicio económico 1998.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 87, do 7 de maio de 1999.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

Orzamento de licitación: 106.000.000 de pesetas, 637.072, 83 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 30 de xuño de 1999.

b) Empresa adxudicataria: Dateco Consultores, S.L.

c) Importe: 104.371.000 pesetas, 627.282,34 euros.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística