Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na rúa Xirimil, 25, do Barco de Valdeorras con destino a albergar, durante o período de reforma e ampliación do hospital, o equipamento das instalacións de lavandería e cociña.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que, polas necesidades do servicio e a urxencia da contratación, se xustifica, logo de fiscalización da intervención delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na rúa Xirimil, 25, do Barco de Valdeorras, con destino a albergar, durante o período de reforma e ampliación do hospital, o equipamento das instalacións de lavandería e cociña.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde