Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento do novo sistema de información contable.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 115, do xoves, 12 de agosto de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 10.215, no punto 2.b), onde di: «Prazo de execución: 8 horas, contadas a partir do outorgamento do contrato», debe dicir: «Prazo de execución: 8.000 horas, contadas a partir do outorgamento do contrato».