Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública a declaración do proxecto de ramal de gas do complexo ambiental de Cerceda como Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Unha vez que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 15 de xullo de 1999, acordou declara-la incidencia supramunicipal do proxecto de ramal de gas do complexo ambiental de Cerceda, así como a determinación da Consellería de Medio Ambiente, como órgano competente por razón da materia, para a tramitación do expediente, procede remiti-lo referido proxecto ó trámite de información pública en cumprimento do disposto no artigo 25.3º

da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, polo que

RESOLVO:

1. Someter a información pública o proxecto de ramal de gas do complexo ambiental de Cerceda durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa poida examinalo e presenta-las alegacións que considere oportunas dentro do citado prazo.

2. Un exemplar do referido proxecto de ramal de gas do complexo ambiental de Cerceda estará á disposición dos cidadáns durante o horario de atención ó público, nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, rúa dos Feáns, nº 7 portal C, de Santiago de Compostela (A Coruña).

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña.

-Nos concellos de Abegondo, Cerceda, Ordes e Mesía.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

Francisco Pan Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental