Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (444/1998 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminstrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo

de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 12 de xullo de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

448/98Mª Blanco Regueiro Varela32.781.879Rúa Humboldt nº 16, OleirosPub D-2 23 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

516/98Encarnación Pérez Regueiro76.410.217r/ Real, nº 27-baixo-PontedeumeBar Nodo26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser

630/98Jesús Martínez González33.809.545Avda. de Santa Cristina nº 24 F, OleirosCafetería Moorea26 e) LO 1/199228 LO 1/199220.000 ptas.

635/98Emilio Piedra López45.427.713r/ Rosalía de Castro, 78-portal 2-5º N-O Milladoiro AmesClub Caribe26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

639/98Emilio Piedra López45.427.713r/ Rosalía de Castro, 78-portal 2-5º N-O Milladoiro AmesClub Caribe26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

14/99Manuel Delgado Díaz32.424.793r/ Cuba, nº 3-5, 4º D-A CoruñaPub Torques26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade