Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de agosto de 1999 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Solicitado o dito recoñecemento por un centro, logo de cumprido o procedemento establecido, procede recoñecelo e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como escola de navegación de lecer nas categorías que correspondan o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica).

Antonio Rodríguez Parapar. NIF: 76543841-W, sito na localidade de Viveiro (Lugo), e con denominación comercial Motomar, inscrita co nº XGEN010.

Artigo 2º

Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1999.

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura