Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a adquisición dunha aplicación de xestión de recursos humanos e cálculo de nóminas para o concello, cos requirimentos técnicos informáticos sinalados no prego de condicións económico-administrativas particulares.

Tipo de licitación: ascende a 8.200.000 ptas., IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas das 9 ás 14, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios) Telf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os enumerados no punto criterios de adxudicación do prego de condicións.

Garantías: definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas o seguinte

día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D. .... con domicilio en .... rúa .... nº .... Teléfono .... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº .... Actuando en nome propio (ou en representación de .... DNI ou CIF nº .... e domicilio en .... participa no concurso, por procedemento aberto, para a adquisición de sistema de cálculo de nóminas e xestión de recursos humanos para o servicio de persoal do Concello de Santiago de Compostela, e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de .... (en letras e números) ptas., que supón unha baixa de .... (en letras e números) ptas. con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

3. Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, Seguridade Social e protección á industria nacional.

En ...., .... de .... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación do concurso ..... presentada por ....

En ...., .... de .... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado