Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, do mantemento dos sistemas de calefacción por auga quente correspondentes ós grupos escolares e dependencias municipais, tempada invernal 1999/2000.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do mantemento de referencia.

b) Prazo do mantemento: sete meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento da licitación: 2.041.600 ptas., incluídos todo xénero de gastos.

5. Garantías: provisional: 40.832 ptas. Definitiva: 81.664 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas; se coincidise en sábado, a apertura realizarase o día seguinte hábil, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Prezo: ata un 70%.

2. Rapidez na prestación do servicio: ata un 15%.

3. Especialización do persoal encargado de realiza-lo mantemento: ata un 15%.

Pontevedra, 29 de xullo de 1999.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outumuro

Secretario xeral