Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MASIDE

EDICTO polo que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Maside (rúa Villanueva e contorno en Dacón).

O Pleno Municipal, na sesión do día 17 de xullo de 1999, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Maside (rúa Villanueva e entorno en Dacón), tendo en conta o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 15 de xuño de 1999.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 70.2º da Lei 7/1985 (modificada pola Lei 39/1994), 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 6 e 8º d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Maside, 19 de xullo de 1999.

Benigno Álvarez Álvarez

Alcalde