Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilardevós.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras comprendidas no proxecto denominado ampliación do camiño de San Roque a Feilas, redactado polo enxeñeiro técnico de o.p. Luis Fernández Pérez, obra número 391-1/99 correspondente ó FCL (PIEL) 1999.

3. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: 15.968.332 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 319.367 pesetas. Garantía definitiva: 638.733 pesetas.

6. Obtención de documentación e información. Concello de Vilardevós, rúa Manuel Núñez, número 30. 32616 Vilardevós. Teléfono: 988 41 70 04 e 988 41 70 32. Fax: 988 41 70 04 e 988 41 70 32. Correo electrónico (E-mail): vilardevos*arrakis.es. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións ou ofertas.

7. Presentación das proposicións ou ofertas de participación. a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte contado a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. b) Documentación que hai que presentar: véxase a cláusula IX do prego de cláusulas económico-administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

8. Modelo de proposición: a proposición ou oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego, presentarase de acordo co seguinte modelo:

D./Dª. .... veciño/a de ...., con domicilio en ...., rúa ...., número ...., teléfono .... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número ...., expedido en .... na data .... en nome propio (ou representación de .... DNI ou CIF número ...., e con domicilio en ...., rúa ...., número ...., teléfono .... como acredito por ....) coñecendo a convocatoria de poxa polo procedemento aberto convocada polo Concello de Vilardevós e anunciada no BOP de Ourense número .... do ...., así como no DOG número .... do ...., tomo parte nela, comprometéndome a realiza-la obra ampliación do camiño de San Roque a Feilas polo prezo de .... (en letra e número), IVE incluído, de acordo co proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas particulares aprobadas polo Pleno do Concello na súa sesión do .... de .... de 19.., integramente, ofrecendo unha baixa sobre o orzamento base de licitación do .... (en letra e número) por cento.

...., ... de .... de 19..

O/a licitador/a

Asdo.: ........

9. Apertura de proposicións ou ofertas. No salón de plenos. Ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo sinalado para a presentación de proposicións ou ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilardevós, 19 de xullo de 1999.

José Luis Pérez García

Alcalde