Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha unidade de soporte administrativo de tarxeta sanitaria (S-426/99).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono: 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Categoría da asistencia e descrición:

Contratación dunha unidade de soporte administrativo de tarxeta sanitaria.

Orzamento total: cincuenta millóns de pesetas (50.000.000 ptas.), IVE incluído.

Euros: 300.506,05 euros.

3. Lugar de execución: Santiago de Compostela-Galicia (España).

4. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación exigida: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro do ano 2000.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 9 de setembro de 1999.

9. a) Data límite de recepción das ofertas: 16 de setembro de 1999.

b) Enderezo a que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º piso, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático á norte) a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado desde a data de finalización do prazo de recepción de ofertas.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación:

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.

16. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

17. Data de envío do anuncio: 26 de xullo de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletins oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos