Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999 pola que se anuncia concurso público para a adxudicación do servicio que se cita, mediante procedemento aberto. (Expediente 302/1999).

1. Entidade adxudicadora:

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 302/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: seguro de accidente en dúas modalidades.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total para a modalidade 1 é de: 7.250.000 ptas.

5. Garantías:

Garantía provisional: 100.000 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Porto nº 1, Anexo Rectorado- 3º.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Porto, 1 - planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo - 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46 - 1ª planta.

c) Localidade: Vigo - 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de agosto de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo