Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio para a organización, depuración, encarpetado, unificación e integración dos arquivos de historias clínicas dos centros: Hospital Montecelo, Hospital Provincial de Pontevedra e Centro de Especialidades de Mollabao, en local externo, co resultante dun arquivo único, así como a xestión das historias clínicas, mediante concurso público e polo procedemento aberto. (Expediente 9906CHOP).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no Xerente Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e unha vez cumpridos os trámites administrativos

correspondentes, resolve convoca-lo concurso público nº 9906CHOP polo procedemento aberto seguinte:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra. Unidade de Contratación Administrativa: r/ Loureiro Crespo, 2. 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 80 70 03. Fax: 986 80 70 51.

2. Categoría do servicio e descrición: categoría 27 outros. Lote 1: contratación do servicio para a organización, depuración, encarpetado, unificación e integración dos arquivos de historias clínicas dos centros do complexo, en local externo, co resultante dun arquivo único. Lote 2: servicio de xestión das historias clínicas.

Orzamento: oitenta e cinco millóns (85.000.000) de pesetas (510.860,29 euros). IVE incluído.

3. Lugar de execución: Complexo Hospitalario de Pontevedra.

4. a) Posibilidade de que, conforme as normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: non.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa:

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: si.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: o concurso repártese en dous lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente. No caso de licitar pola totalidade, especificarase, en todo caso, a oferta de cada lote.

6. Prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio. Lote 1, organización de arquivos: rematará no prazo máximo de oito meses improrrogables, contados a partir da formalización do contrato. Lote 2, servicio de xestión das historias clínicas: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1999, aínda que poderá ser obxecto de prórroga por anos naturais, logo de pacto expreso e durante a vixencia do contrato ou das súas prórrogas co límite recollido no artigo 199 da LCAP.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o que figura no punto 1.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 16 de setembro de 1999.

c) Gastos de obtención dos ditos documentos e modalidades de pagamento: non.

9. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura: na sala de xuntas do edificio administrativo no Hospital Provincial de Pontevedra, a partir das 10 horas do día 27 de setembro de 1999.

10. Garantías esixidas:

a) Provisional: o dous por cento do orzamento do lote.

b) Definitiva: o catro por cento do orzamento do lote adxudicado.

Constituirase segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicions pertinentes: mensual, pagamentos en conta mediante transferencia bancaria, unha vez recibido o servicio e conforme co disposto no artigo 100 da Lei 13/1995.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/ 1995.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen nos puntos 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato por orde de importancia:

1. Proxecto técnico e organizativo do servicio proposto: ata 13 puntos (43,3%).

2. Prezo: ata 10 puntos (33,3%).

3. Medios e equipos técicos achegados: ata 7 puntos (23,3%).

16. Información complementaria: ver servicio indicado no punto 1.

17. Data de envío do anuncio: 26 de xullo de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado a OPOCE).

Pontevedra, 16 de xullo de 1999.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra