A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no Xerente Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo concurso público nº 9901CHOP polo procedemento aberto seguinte:
1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra. Unidade de Contratación Administrativa: r/ Loureiro Crespo, 2. 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 80 70 03. Fax: 986 80 70 51.
2. Categoría do servicio e descrición: categoría 1 mantemento e reparación, por un importe total de cento setenta e cinco millóns (175.000.00) de pesetas (1.051.771,18 euros). IVE incluído.
3. Lugar de execución: Complexo Hospitalario de Pontevedra.
4. a) Posibilidade de que, conforme as normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: non.
b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa:
c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: si.
5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: o concurso repártese en cinco lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, versando sempre sobre a totalidade dos conceptos contidos no lote. No caso de licitar pola totalidade, especificarase, en todo caso, a oferta de cada lote.
6. Prohibición de variantes: non se admiten variantes.
7. Duración do contrato e prazo para realiza-lo servicio: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1999, aínda que poderá ser obxecto de prórroga por anos naturais, logo de pacto expreso e durante a vixencia do contrato ou das súas prórrogas co límite recollido contemplado no artigo 199 da LCAP.
8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o que figura no punto 1.
b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 16 de setembro de 1999.
c) Gastos de obtención dos ditos documentos e modalidades de pagamento: non.
9. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura de plicas: apertura en acto público.
b) Lugar, data e hora desta apertura: na sala de xuntas do edificio administrativo no Hospital Provincial de Pontevedra, a partir das 10 horas do día 27 de setembro de 1999.
10. Garantías esixidas:
a) Provisional: o dous por cento do orzamento do lote.
b) Definitiva: o catro por cento do orzamento do lote adxudicado.
Constituirase segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.
11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicions pertinentes: mensual, pagamentos en conta mediante
transferencia bancaria, unha vez recibido o servicio e conforme co disposto no artigo 100 da Lei 13/1995.
12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/ 1995.
13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen nos puntos 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións económicas.
15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato por orde de importancia:
Metodoloxía e memoria técnica, 40 puntos.
Oferta económica, 25 puntos.
Tempo de resposta, 15 puntos.
Informatización do servicio, (aplicable as ofertas do lote nº 5), 10 puntos.
16. Información complementaria: ver servicio indicado no punto 1.
17. Data de envío do anuncio: 26 de xullo de 1999.
18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado a OPOCE).
Pontevedra, 16 de xullo de 1999.
Pedro Soler Bordoy
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Pontevedra