Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), pola que se anuncia a contratación do servicio de distribución automática de bebidas, mediante a instalación de máquinas expendedoras, por procedemento aberto e mediante concurso público.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Nº de expediente: 7/99 S.

1. Obxecto: contratación do servicio de distribución automática de bebidas, mediante a instalación de máquinas expendedoras, en varios centros dependentes desta Xerencia de Atención Primaria.

2. Orzamento: deste contrato non se derivará ningunha obriga económica con cargo ó orzamento de gastos do Servicio Galego de Saúde - Atención Primaria.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999. Sen prexuízo disto, o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso das partes antes do seu remate e por períodos anuais sen que a duración total engadidas as prórrogas poida exceder de seis anos.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do canon anual a aboar polo adxudicatario.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase segundo o establecido no punto 8.2. 11) do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26 - 1ª planta 36204 Vigo, teléfono: 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 - Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26 - 6ª planta de Vigo, as 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Vigo, 14 de xullo de 1999.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo