Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Narón, referente ó acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón, foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno con data do 30 de xullo de 1999.

En virtude do establecido no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia, procédese, mediante a publicación deste anuncio, á apertura dun período de exposición pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Narón, 2 de agosto de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde