Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do PERI do solo industrial de Punta Promontoiro.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o pasado 30-7-1999, por unanimidade acorda:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do PERI do solo industrial de Punta Promontoiro, aprobación que queda condicionada ó que resulte da aprobación definitiva do polígono.

2. Que se proceda á publicación deste acordo no DOG.

Recursos: contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamen

te o recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación, segundo establecen os artigos 116.1º e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (na redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Se se interpón o recurso de reposición, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Transcorrido un mes desde a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle notificase resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ó daquel no que se produza o acto presunto.

Non obstante, poderase impugnar directamente o acto que se lle notifica ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa (artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro). Para tal efecto poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o desta notificación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Mugardos, 4 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado