O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o pasado 30-7-1999, por unanimidade acorda:
1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do polígono de execución no ámbito do PERI
de Punta Promontoiro, aprobación que queda condicionada ó que resulte da aprobación definitiva do polígono.
2. Que se proceda á publicación deste acordo no DOG así como á notificación a cantos figuran no expediente como interesados.
Recursos: contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación, segundo establecen os artigos 116.1º e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (na redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Se se interpón o recurso de reposición, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Transcorrido un mes desde a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle notificase resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ó daquel no que se produza o acto presunto.
Non obstante, poderase impugnar directamente o acto que se lle notifica ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa (artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro). Para tal efecto poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o desta notificación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Así mesmo, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Mugardos, 4 de agosto de 1999.
O alcalde
Rubricado