Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO.

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de abril de 1999, ó abeiro do que dispón o artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, acordou a suspensión das seguintes licencias, dado que poden resultar incompatibles co proxecto de ordenación do medio rural que se está tramitando neste concello de Oímbra e do que xa se aprobou o avance en sesión plenaria ordinaria do día 29-12-1998.

-Licencias de instalación, apertura e explotación de canteiras e graveiras en solo rústico do concello de Oímbra.

Contra este acordo poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste acordo no DOG, que tamén se publicará no BOP de Ourense e no periódico La Región.

Poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Oímbra, 28 de xullo de 1999.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde