Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARTELLE

ANUNCIO.

Con data do 27 de xullo de 1999 foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas

administrativas para a contratación das obras de saneamento na Seara, Santa Baia de Anfeoz e Outomuro, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso, polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 12.070.010 ptas.

Fianza provisional: 241.400 ptas.

Fianza definitiva: 482.800 ptas.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte (agás sábado), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Cartelle, teléfono: 988 49 11 11, fax: 988 49 11 20.

Cartelle, 27 de xullo de 1999.

Mª Carmen Leyte Coello

Alcaldesa