Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía nº 102/1999, do 23-7-1999, o proxecto de urbanización da vía pública no desenvolvemento da unidade de actuación CS-10, que se vai executar da rúa Montirón á rúa Rei Don García, cun orzamento de execución por contrata que ascende a 23.612.859 ptas., redactado polo arquitecto Sergio L. Paniccia e solicitado por Industrias Electromecánicas Iesa, S.L..

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Xestión Urbanística deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 23 de xullo de 1999.

Ángel Quiñoa Murado

Secretario

Visto e prace

(Decreto da Alcaldía nº 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Teniente de alcalde delegado de Área