Con data do 27 de xullo de 1999 foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de abastecemento a Gueral, A Teixeira, Couxil e Couxiliño, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.
Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso, polo trámite de urxencia.
Tipo de licitación: 15.590.000 ptas.
Fianza provisional: 311.600 ptas.
Fianza definitiva: 623.600 ptas.
Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.
Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte (agás sábado), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.
Información: Concello de Cartelle, teléfono: 988 49 11 11, fax: 988 49 11 20.
Cartelle, 27 de xullo de 1999.
Mª Carmen Leyte Coello
Alcaldesa