Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 3 de agosto de 1999, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial do sector SAUI-1 de Meicende-Arteixo, promovido por José Antonio Souto Meizoso, en representación de Investcos, S.A., e redactado polos arquitectos Javier de la Colina Béjar e Antonio de la Morena Pardo, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1ª, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren conveniente. (Expediente 16/99.PPP).

Arteixo, 6 de agosto de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente