Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do plan parcial Zapateira I-Arteixo, promovido por Javier Nogueiras Mascarenhas, en representación de Neisa. (expediente 07/1999 PUR) e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas.

Recursos.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da recepción desta notificación, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de devandita xurisdicción.

Se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facelo perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da recepción desta notificación, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición deste sen que fose notificado, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición deste), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo. reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 4 de xuño de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente