Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1999 pola que se acorda publicar corrección de erros do expediente 402/99 correspondente á ampliación da Facultade de Ciencias nas Lagoas-Marcosende, en Vigo.

Advertido un erro no importe de licitación do expediente de referencia publicado no Diario Oficial de Galicia nº 139, do 21 de xullo de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 9.455, onde di: «622.413.599 ptas.», debe dicir: «632.575.199 ptas.», a diferencia débese ó Plan de Seguridade e Saúde.

Garantías:

Garantía provisional: 12.651.504 ptas.

Garantía definitiva: 25.303.008 ptas.

Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46 -1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

Vigo, 6 de agosto de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo