Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de A Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/202-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. O Seixo.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 965 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte

da L.M.T. Cillobre-A Piña e final no C.T. O Seixo de 50 kVA. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xullo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña