Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 16 de agosto de 1999 Páx. 10.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 25 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 5992.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Cerámicas del Miño, Car, S.L. con enderezo en Oleiros, s/n, 36457 Salvaterra de Miño, presentou nesta delegación provincial o día 31 de maio de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Florencio de 300 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos e A Pobra de Brollón da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5992 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 30' 20''42º 40' 00''

2-7º 27' 40''42º 40' 00''

3-7º 27' 40''42º 39' 00''

4-7º 22' 20''42º 39' 00''

5-7º 22' 20''42º 29' 00''

6-7º 25' 00''42º 29' 00''

7-7º 25' 00''42º 31' 00''

8-7º 24' 00''42º 31' 00''

9-7º 24' 00''42º 36' 00''

10-7º 28' 00''42º 36' 00''

11-7º 28' 00''42º 39' 00''

12-7º 30' 20''42º 39' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 25 de xuño de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo