Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (11/1999).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 28 de xuño de 1999, adoptou a seguinte resolución:

«1. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación dos bens e dereitos afectados pola actuación VL-F7.01 para a apertura da r/ San Xaime cunha valoración que ascende á cantidade de vinte millóns setecentas setenta e nove mil oitocentas oitenta e nove (20.779.889 ptas.) pesetas, imputables á partida 14.432.600.02.95 do orzamento de 1999.

2. Optar para a tramitación do citado expediente polo procedemento de taxación conxunta.

3. Sometelo ó trámite de información pública polo termo dun mes, o que se formalizará mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como a notificación persoal ós interesados nos termos que prevé o artigo 144.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, todo isto para efectos de que durante o citado prazo poida ser consultado nas dependencias do Servicio de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 12 ás 13.30 horas, e presentar cantas alegacións consideren oportunas na defensa dos seus dereitos».

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados de que a consulta do expediente se poderá facer nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, de luns a venres, entre as 12 e as 13.30 horas. Así mesmo, ponse de manifesto a conveniencia de presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentos que xustifiquen a titularidade de parcelas e dereitos afectados.

A Coruña, 30 de xuño de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde