Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (18/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 30 de xullo deste ano, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de Peruleiro-Manuel Murguía redactado polo enxeñeiro de camiños municipal no mes de abril de 1999 e que vén substituír, anulándoo, o anteriormente redactado e aprobado por resolución da alcaldía do 16 de outubro de 1998.

O que se publica, significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamnete, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación, ou, noutro caso, de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 5 de agosto de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda