Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 40/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes,

acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: C.P. 40/1999.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: subministración de etiquetas de código de barras para solicitude de analíticas.

Lotes:

Lote 1: etiquetas código de barras para solicitude de analíticas.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 62, do 31 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 8.400.000 ptas. (50.485,017 euros).

5. Adxudicación.

Data: 6 de xullo de 1999.

Contratistas:

Lote 1: Office Galicia, S.L., 5.250.000 ptas. (31.553,14 euros).

Orzamento total: 5.250.000 ptas. (31.553,14 euros).

A Coruña, 8 de xullo de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña