Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación Rita, 2748.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 14 de abril de 1999, se outorgou o permiso de investigación Rita, 2748, de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal do Porriño, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 12 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra