Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/67-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171. 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.A., R.B.T.A., As Raposeiras, Filgueira e Mesón.

Situación: Ordes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 23 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Vilasenín a Maitufe e remate no C.T. das Raposeiras de 50 kVA e axustamento coa R.B.T.-Concello de Ordes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembreo e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 5 de xullo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña