Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre o período de información pública no expediente de ocupación temporal para a realización de labores no permiso de investigación denominado La Amistad, 5905.

Antonio Tapia Arias e Manuel Fernández Méndez, titulares do permiso de investigación denominado La Amistad, 5905, solicitaron á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, a incoación de expediente de ocupación temporal dunha zona de terreo de 23,62 hectáreas situada dentro do monte veciñal en man común de Toca (Samos), co fin de realiza-los labores previstos nos proxectos de investigación aprobados por esta delegación.

En consecuencia, e concorrendo nesta solicitude as circunstancias recollidas no disposto polos artigos 104 da Lei de minas (Lei 22/1973, do 21 de xullo) e 130 do seu regulamento (Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto), esta delegación, para os efectos previstos nos artigos 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954 e artigo 17 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, en relación cos artigos 108 e seguintes da Lei de expropiación forzosa, acorda someter a información pública os dereitos afectados pola citada solicitude.

O que se fai público para xeral coñecemento e, para que os interesados poidan formula-las alegacións que consideren convenientes, sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens que se van expropiar temporalmente, o seu estado material ou xurídico, ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros, así como opoñerse por motivos de forma ou de fondo, se é o caso, formularanse os fundamentos da oposición e os razoamentos que poidan aconsella-la estimación como preferentes ou convenientes para a ocupación temporal doutros bens e dereitos distintos. Tamén, e para os únicos efectos da emenda de erros, poderá

comparecer ante a Alcaldía de Samos ou ante esta delegación provincial, sita no número 70 da Ronda da Muralla desta capital, calquera persoa natural ou xurídica para alegar e ofrecer cantos antecedentes ou referencias sirvan de fundamento para as rectificacións que procedan.

O prazo para formular alegacións e rectificar erros é de vinte días a partir da última das publicacións no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia, BOP de Lugo, diario El Progreso de Lugo e taboleiro do Concello de Samos.

Lugo, 5 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7178