Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/54-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Comercial Vehículos Industriales Tar, S.L.

Enderezo social: Rasgada Fisgueira, p.k. 228,5 da N-525 (San Cibrao das Viñas).

Denominación: L.M.T. e C.T. para taller de vehículos industriais.

Situación: Rasgada Fisgueira, p.k. 228,5 da N-525 (San Cibrao das Viñas).

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 26 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., San Cibrao das Viñas-Allariz e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Dentro da parcela do peticionario sita no lugar de Rasgada Fisgueira (p.k. 228,5 da N-525 en San Cibrao das Viñas).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de xullo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense