Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-103/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou presenta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos de que, de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 14 de xullo de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: 103/1999.

Denunciante: Enrique Álvarez Aldir Represas, enderezo: A Lagoa, 7; Salvaterra de Miño.

Feitos denunciados: con motivo de ter finalizado o prazo de 15 días establecido polo réxime especial para retira-las estacadas e demais instalacións, comprobouse que os titulares das estacadas nº 2 e nº 3 do 1º tramo (autorizada a súa instalación conxunta), transcorrido o dito prazo, abandonaron no lugar as instalacións afectas á dita estacada e deixaron o contorno cheo de lixo, restos de troncos de eucaliptos, 2 bolsas de plásticos cheas de botellas de cristal e plástico baleiras; 1 bidón metálico de 250 litros de capacidade; a caseta construída polos pescadores utilizada para gorecerse da choiva, que tiña unhas medidas de 2 metros de longo por 2 de largo formada por estructura de paos de madeira e lona de plástico colocada sobre o armazón; e restos de troncos queimados de facer fogueiras. Feitos denunciados ás 10.50 horas do día 21 de maio de 1999,

no río Tea (marxe esquerda), no lugar de Fillaboa, do concello de Salvaterra de Miño.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.16º 24 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 400.000 ptas. para pagaren conxunta e solidariamente os 8 denunciados.

Inhabilitación: retirada da licencia de pesca durante 1 ano para cada un deles, quedando obrigados a entregala no Servicio de MAN, no prazo de 1 mes desde que a sanción sexa firme.