Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación da subministración de cinco copiadoras e un fax con destino á nova sede do Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de subministración, suxeito ás seguintes bases.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Nº de expediente: 625.1/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de cinco copiadoras e un fax con destino á nova sede do Instituto Galego de Estatística.

b) División por lotes e número:

Lote I: unha copiadora dixital e un fax.

Lote II: catro copiadoras.

c) Lugar de entrega: na nova sede do IGE, sita en San Lázaro.

d) Prazo de entrega e instalación: 15 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxuidicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.000.000 de ptas., (30.050, 60 euros) distribuídas en:

Lote I: 2.600.000 ptas., (15.626, 31 euros).

Lote II: 2.400.000 ptas., (14.424, 29 euros).

5. Garantía provisional: 100.000 ptas., (601, 01 euros) distribuídas en:

Lote I: 52.000 ptas., (312, 53 euros).

Lote II: 48.000 ptas., (288, 48 euros).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no negociado do rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela, código postal 15702, teléfono: 981 54 13 21, e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas económicas: o noveno día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística